Axudas do programa "Ven a Galicia, ben en Galicia" para residentes no exterior 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1682 lecturas
Resolución do 16 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa "Ven a Galicia, ben en Galicia" para residentes no exterior e se convocan as correspondentes ao ano 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

Prazas convocadas, achegas económicas e datas de realización:

1. O número de prazas convocadas para o ano 2010 é de 77.

2. Os participantes residentes noutras comunidades autónomas de España e en Portugal aboarán 60 € en concepto de parte do pagamento dos gastos de traslado no caso de que opten por que sexa a Secretaría Xeral da Emigración quen organice os traslados por vía regular entre o seu lugar de residencia e o lugar de destino en Galicia.

Os residentes noutros países europeos deberán aboar 100 € polo mesmo concepto.

O resto dos gastos de traslado por liña regular dos participantes serán por conta da Secretaría Xeral da Emigración, que xestionará o desprazamento dos/as beneficiarios/as no caso dos/as que opten por esta vía.

3. O programa desenvolverase desde o 15 ao 28 de novembro de 2010.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Beneficiarios/as:

1. Poderán ser solicitantes deste programa os emigrantes galegos residentes en Europa e os naturais de Galicia que residan noutra comunidade autónoma, que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ter a nacionalidade española.

1.2. Residir noutra comunidade autónoma de España ou noutro país de Europa.

1.3. Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

1.4. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en anteriores edicións deste programa.

1.5. Ser válido por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

1.6. Non ter recursos económicos suficientes. Para os efectos desta resolución, consideraranse recursos económicos insuficientes cando os ingresos per cápita da unidade económica familiar sexan inferiores a 2,5 veces o importe do salario mínimo interprofesional correspondente ao ano 2010 no país de residencia do solicitante.

2. Poderán tamén ser beneficiarias as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos números 1.2., 1.4. e 1.5. do punto anterior e acheguen a documentación xustificativa que se indica na base quinta.

Solicitudes, documentación e lugar de presentación:

1. A documentación que deberá achegar o solicitante é a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo II.

b) Para os solicitantes que estean en posesión do documento nacional de identidade español, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante.

c) Documentación acreditativa da última veciñanza administrativa en Galicia. Se o solicitante reside en España, documentación acreditativa de ser natural de Galicia.

d) Documentación acreditativa da residencia noutra comunidade autónoma ou nun país europeo.

e) Copia da última declaración da renda das persoas físicas presentada polo solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar. No caso de que o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar non estivesen obrigados a realizala, documentación emitida pola Administración tributaria correspondente ao lugar de residencia do solicitante na cal se faga constar esta circunstancia, e certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciba o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar.

f) Certificado médico, segundo o modelo normalizado que se publicará como anexo III á correspondente resolución anual de convocatoria, no cal se faga constar que o solicitante é válido por si mesmo, non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

g) Fotografa actual tamaño carné.

h) Libro de familia, se procede. No seu defecto, achegarase documentación xustificativa do matrimonio, da unión de feito ou relación análoga e do nacemento do resto de membros da unidade económica familiar.

i) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, ou de organismos privados para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que se publicará como anexo II á correspondente resolución anual de convocatoria.

j) A presentación da solicitude de concesión desta axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditándose este extremo antes da proposta de resolución. No caso de que os beneficiarios non teñan a súa residencia fiscal en territorio español, deberán presentar certificado de residencia fiscal emitido polos organismos competentes e declaración de que o solicitante está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa comunidade autónoma.

2. O cónxuxe ou persoa unida ao solicitante por unión de feito ou relación análoga, de ser o caso, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia do pasaporte ou documento nacional de identidade en vigor.

b) Documentación acreditativa da residencia noutra comunidade autónoma ou nun país europeo.

 c) Certificado médico segundo o modelo normalizado que se publicará como anexo III á correspondente resolución anual da convocatoria, no cal se faga constar que é válido por si mesmo, non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

d) Fotografía actual tamaño carné.

e) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, ou de organismos privados para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que se publicará como anexo II á correspondente resolución anual da convocatoria.

f) A presentación da solicitude de concesión desta axuda polo/a interesado/a comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditándose este extremo antes da proposta de resolución. No caso de que os/as beneficiarios/as non teñan a súa residencia fiscal en territorio español, deberán presentar certificado de residencia fiscal emitido polos organismos competentes e declaración de que o solicitante está ao día nas súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa comunidade autónoma.

3. As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Os Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderán presentarse nas consellerías de Traballo e Emigración, nas seccións de Traballo e Emigración das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio de residencia do solicitante.

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia, xoves 24 de Xuño de 2010

Modelo de Solicitudes cos AnexoII e III (Versión cubrir online)

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.

Data de Publicación: 24 de Xuño de 2010