Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o ano 2016
Obxecto das Axudas:
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o exercicio 2016. O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios/as:
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.
As persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Requisitos dos/as beneficiarios/as:
- Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España
- Non ter transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a data de publicación desta resolución (01/03/2016)
- Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia
- Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.
Entenderanse como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen en cómputo global, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), fixado para o ano 2016 en 532,51€ mensuais, e relativos á renda per cápita da unidade familiar. - Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 adicional por cada un/unha dos/as restantes membros da unidade familiar.
- Quedan excluídos/as das axudas desta resolución:
- As persoas que resultaran beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores á presente.
- Os/as solicitantes que teñan bens patrimoniais (mobles e/ou inmobles), cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 adicional por cada un/unha dos/as restantes membros da unidade familiar.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica
Outra documentación para descargar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)



