Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
3857 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
16.02.2015
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto das Axudas:
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o exercicio 2015. O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios/as:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas:

a) As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
b) As e os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas relacionadas na letra a) con residencia no estranxeiro que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Requisitos dos/as beneficiarios/as:

  • Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España
  • Non ter transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a data de publicación desta resolución (16/02/2015)
  • Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.
    Entenderanse como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen en cómputo global, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), fixado para o ano 2015 en 532,51€ mensuais, e relativos á renda per cápita da unidade familiar.
  • Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 adicional por cada un/unha dos/as restantes membros da unidade familiar.
  • Quedan excluídos/as das axudas desta resolución:
    1. Os/as beneficiarios /as de anteriores resolucións da Secretaría Xeral da Emigración de axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares.
    2. Os/as solicitantes que teñan bens patrimoniais (mobles e/ou inmobles), cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 adicional por cada un/unha dos/as restantes membros da unidade familiar.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Outra documentación para descargar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
30.09.2015