Axudas extraordinarias para afectados polo sismo de Venezuela 2026
Obxecto:
Conceder axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas galegas residentes en Venezuela que acrediten perder a habitabilidade temporal ou definitiva da súa vivenda como consecuencia dos sismos ocorridos o 24 de xuño deste ano.
Esta subvención é compatible coa percepción doutras axudas e ingresos para a mesma finalidade.
En concreto, a axuda diríxese a cubrir gastos específicos para aliviar carencias graves referidas a:
Destinatarios:
Persoas en situación de necesidade derivada da perdida da súa vivenda habitual polo terremoto e cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Ser emigrantes nacidas en Galicia e residentes en Venezuela.
- Ser fillos/as daquelas que residan en Venezuela, teñan a nacionalidade española e atópense vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
- Ser descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao por consanguinidade que teñan a nacionalidade española e atópense vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
Unicamente poderá presentarse unha solicitude por vivenda afectada.
Prazo para a presentación das solicitudes e documentación complementaria:
Desde o 6 de agosto ás 00.00 horas ao 1 de decembro do 2026 ás 23.59 horas.
Forma e lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal) a través de calquera das seguintes entidades:
- Irmandade Galega de Valencia en Caracas.
- Irmandade Galega de Valencia.
- Centro Galego de Maracaibo.
- Centro Galego de Puerto de la Cruz.
- Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara, en Maracay.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de maneira presencial nos Consulados de España e calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: | picar aquí para acceder á Sede electrónica |
- Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar).



