Axudas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada en Galicia.
Beneficiarios:
Entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia con experiencia e capacidade en actuacións que favorezan a acollida e integración de persoas inmigrantes e retornadas e que teñan o seu domicilio social en Galicia.
Ámbito:
Actuacións na Comunidade Autónoma Galega coa excepción do eixe de codesenvolvemento, que poderá ser no país de orixe.
Prazo de Presentación:
Ata o luns 23 de agosto de 2010
Presentación das solicitudes:
As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse á Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Obxecto das Axudas:
O obxecto destas bases é a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas que conteñan actividades e accións destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega.
- No Eixe de Acollida financiaranse programas de acollida que inclúan a ensinanza das linguas da sociedade de acollida, de asesoramento e orientación xurídica a persoas inmigrantes e retornadas e de Acollida especializada para persoas en situación de especial vulnerabilidade, incluíndo aloxamento e manutención (pisos de acollida). Ademais dos programas de itinerarios de inserción, incentivaranse os proxectos que busquen dotar de servizos que ofrezan unha acollida de xeito personalizado ás persoas inmigrantes e retornadas.
- No Eixe de Emprego trátase de fomentar entre a poboación inmigrante e retornada a iniciativa empresarial e o traballo por conta propia ou traballo asociado (autoemprego, microcréditos e empresas de economía social), así como programas de conciliación da vida familiar e laboral.
- No Eixe de Educación apoiarase o reforzo da escolarización dos alumnos de orixe inmigrante e retornada, en etapas escolares obrigatorias e non obrigatorias: primaranse as accións que teñan por obxecto reforzar as axudas no ámbito escolar a través de bolsas e axudas de comedor, transporte e material escolar, co obxectivo de fomentar as actuacións coordinadas entre os centros educativos e o seu ámbito.
- No Eixe de Saúde facilitarase o acceso a poboación inmigrante e retornada a prevención e promoción da saúde mediante a realización de accións preventivas e socioeducativas. Compartir aprendizaxes, tanto na promoción como na prevención da saúde, co fin de mellorar a eficacia dos coñecementos e boas prácticas no ámbito sanitario.
- No Eixe de Codesenvolvemento fomentarase, entre as persoas inmigrantes, programas de orientación e información en materia de codesenvolvemento e capacitación para a elaboración de proxectos e acompañamento para o seu desenvolvemento. Tamén apoiaranse proxectos de intercambio técnico, de transferencias de coñecementos e de boas prácticas, co obxecto da reinserción laboral en orixe.
Orzamento:
Importe Seiscentos mil euros (600.000 €) para gastos correntes e oitenta mil euros (80.000 €) destinados a gastos de equipamento.
Convocatoria no DOG:
Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
Documentación adxunta:
Convocatoria e Anexos cos Modelos de Solicitude
Documentación asociada | |
---|---|
Convocatoria_DOG.pdf | 239.47 KB |
Modelos_Solicitudes.pdf | 588.42 KB |