Axudas a emigrantes retornados 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1388 lecturas
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2009. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2009.

Destinatarios:

  • Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á comunidade autónoma.
  • Os familiares das persoas indicadas na alínea anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por consanguinidade ou afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.

Os/as anteditos/as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia. 

Prazo de presentación: O prazo de presentación das solicitudes será desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2009.

Resolución: Resolución do 17 de abril de 2009 (DOGA nº 78, do 23 de abril de 2009), da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2009.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia nº 78, do 23 de abril de 2009. 

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración.  

Ano: 2009 

Contacto:

  • Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547271 e 981547273
  • No enderezo da mesma: rúa Basquiños, 2, c.p.: 15704, Santiago de Compostela

Documentación:

Data de publicación: 23 de Abril de 2009

Listados: Publicado o listado de beneficiarios