Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario. Ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
2196 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 17 de febreiro do 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
24.02.2015
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto e finalidade das axudas:

  1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar situacións de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, as persoas que poidan ter a condición de beneficiarias, ao cumprir os requisitos establecidos nos artigos 3 e 4 e cuxa atención corresponda ao ámbito de competencias propias deste centro directivo
  2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria das devanditas axudas para o ano 2015

Persoas beneficiarias:

  1. As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.
    Excepcionalmente, para o caso de teren que realizar unha viaxe as persoas ás cales se refire este punto e que non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.
  2. Persoas cidadás galegas residentes en Galicia que sexan familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade de persoas emigrantes galegas residentes no exterior, que teñan que desprazarse necesariamente xunto a estas por mor de que padezan situacións extraordinarias de emerxencia social.

Requisitos das persoas beneficiarias:

a) Ter rendas, ingresos ou patrimonio insuficiente.
b) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude que, pola súa gravidade, requiran unha actuación urxente ou a necesidade de realizar a viaxe por mor destas razóns.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: Picar aquí para acceder á sede electrónica

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 25.02.2015 ata o 30.11.2015, ámbolos dous incluídos.
Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web: https://sede.xunta.es e http://emigracion.xunta.es

Lugar de presentación da documentación:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I da resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
30.11.2015