Axudas de emerxencia social. Ano 2026
Obxecto deste programa e supostos de axuda:
O programa de Emerxencia Social do 2026 convócase co fin de outorgar unha prestación económica única a persoas emigrantes galegas e aos seus fillos que se atopen nunha situación de emerxencia derivada dalgunha circunstancia extraordinaria sobrevida no último ano.
En concreto, a axuda diríxese a cubrir gastos específicos para aliviar carencias graves referidas a:
- Art. 1.1): as condicións básicas de subsistencia: alimentación, coidados persoais esenciais, educación.
- Art. 1.2): as condicións da súa vivenda: deterioración grave, falta de equipos ou dotacións esenciais.
- Art. 1.3): as condicións de saúde e benestar social: necesidades perentorias de carácter sanitario ou asistencial.
Estas axudas son incompatibles con outras axudas públicas para os mesmos conceptos.
Destinatarios:
Emigrantes galegos e os seus fillos/as ou, no suposto de emerxencias do art. 1.3, netos/as con nacionalidade española que teñan poucos recursos e residan actualmente nalgún dos países de América para os cales o Estado español fixa a base de cálculo para a prestación por razón de necesidade.
Requisitos xerais:
- Os non nados en Galicia: figurar rexistrado/a no PERE e vinculado/a con algún concello galego polo menos tres meses antes da presentación da solicitude.
- Carecer de rendas ou ingresos suficientes e acreditalo conforme ao disposto no art. 8.
- Carecer de patrimonio inmoble suficiente e acreditalo conforme ao disposto no art. 8.
- Acreditar documentalmente a situación de emerxencia social que xustifique a solicitude de axuda, segundo o indicado no art. 8.1.4).
- Cumprir os requisitos establecidos na lexislación de subvencións para poder obter axudas públicas (cfr: Declaración da persoa solicitante ou representante do Anexo I).
- En caso de solicitude de axuda para cubrir gastos de adecuación da vivenda habitual (art. 1.2) ou de carácter sanitario ou asistencial (art. 1.3): presentar xustificación de gastos realizados e pagos segundo Anexo IV.
Prazo para a presentación das solicitudes e documentación complementaria:
Desde o 16 de febreiro ás 9.00 hs ao 5 de outubro ás 20.00 hs. do 2026.
Forma e lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (dispoñible en https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal) e por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras, que poderán presentalas por esa vía, no seu nome, mediante a oportuna autorización:
- En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
- En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
- En Brasil:
- Peña Gallega de la Casa de España de Río de Janeiro
- Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo
- Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos
- Asociación Cultural Caballeros de Santiago, en Salvador de Bahía
- En Cuba: Federación de Sociedades Galegas na Habana
- En Venezuela:
- Hermandad Galega de Venezuela en Caracas
- Hermandad Galega de Valencia
- Centro Galego de Maracaibo
- Centro Galego de Puerto de la Cruz
- Asociación Hijos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara, en Maracay
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos Consulados de España ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: | picar aquí para acceder á Sede electrónica |
- Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. : (picar aquí para descargar)



