Axudas de emerxencia social. Ano 2024

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

282 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 21 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas de emerxencia social e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR935A).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
04.04.2024
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto e finalidade das axudas:
Establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas de emerxencia social e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, coa finalidade de outorgar unha prestación económica a persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega con escasos recursos que residan en América, para atender situacións de emerxencia social derivadas de circunstancias extraordinarias sobrevindas nos últimos 12 meses.

Destinatarios/as:
Persoas emigrante galegas e as/os seus/súas fillos/as que posúan a condición de galegas residentes en América.

Requisitos das persoas beneficiarias:

a) Ter rendas ou ingresos insuficientes.
b) Ter patrimonio insuficiente
c) Acreditar documentalmente a situación de necesidade que xustifique a solicitude e as circunstancias sobrevindas nun tempo próximo ao da solicitude, como máximo nos últimos doce meses, da que derive. Contémplanse en concreto, as seguintes situacións:

  • Dificultades para cubrir as necesidades básicas de subsistencia: alimentación, coidados persoais esenciais (vestido e hixiene), educación ou análogos

  • Perda, inadecuación ou deterioración da vivenda habitual

  • Problemas de carácter sanitario ou asistencial grave.

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 05/04/2024 ata o 15/10/2024.

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web: https://sede.xunta.gal e https://emigracion.xunta.gal.

Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • No Brasil: 
    -Peña Gallega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
    -Sociedad de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
    -Asociación Cultural Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos consulados de España ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: Descargar

Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
15.10.2024