Axudas de emerxencia social. Ano 2020

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

1847 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 22 dexullo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
03.08.2020
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto e finalidade das axudas:

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases  polas que se rexerá a concesión de  axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar situacións de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, e cuxa atención corresponda ao ámbito de competencias propias deste centro directivo.

Persoas beneficiarias:

  1. As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.
  2. Excepcionalmente, para o caso de teren que realizar unha viaxe as persoas ás cales se refire este punto e que non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Requisitos das persoas beneficiarias:

  • a) Ter rendas ou ingresos insuficientes.
  • b)Ter patrimonio insuficiente
  • c) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude, como máximo nos últimos doce meses que, pola súa gravidade, requiran unha actuación ur­xente ou a necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón.

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 04.08.2020 ata o 15.11.2020, ámbolos dous incluídos. (O prazo de presentación, extenderáse ate o 16/11/2020, por coincidir en "inhábil", o último día do prazo de  presentación de solicitudes).

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web: https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal.

Lugar de presentación da documentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.es/chave365).

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)

Extracto da convocatoria no D.O.G. :(picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
16.11.2020