Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1613 lecturas
O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2009, ten como obxecto a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Axudas económicas individuais para galegos residentes no exterior para o exercicio 2009.

Destinatarios:

  • Os emigrantes de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes ata o 2º grado de consanguinidade, que posúan a condición de galego.  A forma de acreditar esta condición sinálase no artigo 16º
  • No caso de falecemento da persoa indicada no punto anterior, poderán ser beneficiarios das axudas previstas no artigo 6º desta convocatoria, o cónxuxe viúvo, a parella de feito ou relación análoga e os fillos, que dependían economicamente do falecido, se non transcorreron dous anos desde o falecemento.
  • O cónxuxe viúvo ou persoa con que mantivese unha unión de feito ou relación análoga, pai, nai ou orfos de emigrantes que cumprindo os requisitos do punto 2.1 da resolución teñan desaparecido ou falecido como consecuencia da represión política realizada polas ditaduras militares en Arxentina, Chile e Uruguai.
  • Os cónxuxes viúvos ou persoa con que mantivese unha relación de afectividade, ascendentes, descendentes ou colaterais ata o segundo grao, de emigrantes que, cumprindo os requisitos do punto 2º.1 da resolución, obtivesen a declaración de reparación e recoñecemento persoal establecida no artigo 4 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.  

Características:

Tipos de axudas a conceder:

  • Axudas por situación de dependencia, ou enfermidade grave do solicitante.
  • Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar.
  • Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.
  • Axudas para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado.
  • Axudas para paliar unha situación de paro.
  • Axudas por feitos extraordinarios de carácter puntual.
  • Axudas por atoparse a unidade familiar en situación de precariedade. Este suposto so será de aplicación naqueles países nos que o estado español non teña asinado convenios en materia de seguridade social
  • Axudas para mulleres que sufran violencia de xénero. 

Lugar e prazo de presentación:

Ata o 30 de Abril do 2009, agás as correspondentes ao artigo 11º (axudas por feitos extraordinarios de carácter puntual), que poderán presentarse ata o 30 de novembro do 2009, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito.

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai:Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • En Brasil:
    - Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    - Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
    - Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción en Sao Paulo.
    - Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas. 

Resolución: Resolución do 4 de marzo de 2009 (DOGA 10 de marzo del 2009), da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2009. 

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia nº 48, do 10 de marzo de 2009 

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigració  

Ano: 2009

Contacto:

Secretaría Xeral de Emigración
Servicio de Acción Social
Teléfonos: 981 545877 - 981 545880
Fax: 981 957055
Correo electrónico:accion.social.emigracion@xunta.es

Documentación:

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.

Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación: 23 de Abril de 2009