Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2022

Listen to this page using ReadSpeaker
2019 lecturas
Información do programa e formularios de solicitude das axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos e galegas residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2022 (DOG nº 31, do 15 de febreiro)
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
15.02.2022
Estado: 
Procedemento pechado

As persoas destinatarias:

  1. Emigrantes galegos e galegas, os seus fillos e as súas fillas, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar a dita condición de galego/a sinálase no artigo 14 desta resolución.
  2. Os netos e as netas de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán beneficiarse, por unha única vez, das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a seu/súa cónxuxe viúvo/a, os seus fillos e as súas fillas, a parella de feito ou relación análoga de afectividade, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento e a persoa falecida fose beneficiaria nalgunha das dúas últimas convocatorias.
  4. Os fillos, as fillas, os netos e as netas de persoas emigrantes galegas deberán ter a nacionalidade española, cando menos, cun ano de antigüidade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os supostos de necesidade:

  • Situación de precariedade na unidade familiar.
  • Situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante.
  • Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar.
  • Invalidez ou enfermidade permanente da persoa solicitante.
  • Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custe elevado.
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
  • Situación de desemprego na unidade familiar.
  • Situación de necesidade na unidade económica familiar

O lugar de presentación das solicitudes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • En Brasil: 
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução en São Paulo.
    -Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (praza de Mazarelos, 15 - 15703 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O lugar de contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Programas Socioasistenciais
Teléfonos: 981 547 291 - 981 545 880
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal

FORMULARIO DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

A documentación que se xunta:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
29.03.2022