Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2020
Información do programa e formularios de solicitude das axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos e galegas residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Resolución da convocatoria:
Resolución do 11 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2020.
Entidade:
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación:
20.12.2019
Estado:
Procedemento pechado
As persoas destinatarias:
- Emigrantes galegos e galegas, os seus fillos e as súas fillas, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar a dita condición de galego/a sinálase no artigo 14 desta resolución.
- Os netos e as netas de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
- No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán beneficiarse, por unha única vez, das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a seu/súa cónxuxe viúvo/a, os seus fillos e as súas fillas, a parella de feito ou relación análoga de afectividade, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento.
- Os fillos, as fillas, os netos e as netas de persoas emigrantes galegas deberán ter a nacionalidade española, cando menos, cun ano de antigüidade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Os supostos de necesidade:
- Situación de precariedade na unidade familiar.
- Situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante.
- Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar.
- Invalidez ou enfermidade permanente da persoa solicitante.
- Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado.
- Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
- Situación de desemprego na unidade familiar.
- Situación de necesidade na unidade económica familiar en Venezuela
O lugar de presentación das solicitudes:
- En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
- En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
- En Brasil:
-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução en São Paulo
-Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos - En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
- En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
- Ou na Secretaría Xeral da Emigración (praza de Mazarelos, 15 - 15703 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O lugar de contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Programas Socioasistenciais
Teléfonos: 981 547 291 - 981 545 880
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal
FORMULARIO DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: | picar aquí para acceder á Sede electrónica |
A documentación que se xunta:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G.: picar aquí para descargar
- Extracto da convocatoria no D.O.G.: picar aquí para descargar
- NOTA: Resolución da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía, para as persoas residentes na Arxentina, Uruguai e Venezuela, o prazo de presentación de solicitudes ata o 19 de febreiro de 2020 (picar aquí para descargar)
Finalización do prazo de presentación de solicitudes:
19.02.2020