Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2026
Información do programa e formularios de solicitude das axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos e galegas residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Están destinadas a acadar recursos económicos que contribúan a satisfacer as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria para as cales non dispoñan de cobertura suficiente.
Resolución da convocatoria:
RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior no 2026 (DOG nº 24, do 05 de febreiro).
Entidade:
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación:
05.02.2026
Estado:
Procedemento aberto
As persoas destinatarias:
- Persoas emigrantes nacidas en Galicia maiores de idade e residentes nalgún dos países do estranxeiro para os cales o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria, e os seus/súas fillos/as maiores de idade (coa excepción prevista para o caso das axudas por violencia de xénero) que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados a un concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
- Para o caso de falecemento das persoas indicadas no punto anterior poderán ser beneficiarias por unha soa vez, as seguintes:
- a) O cónxuxe viúvo/a ou parella de feito ou relación análoga de afectividade dunha persoa beneficiaria na última convocatoria deste programa, que falecese nos doce meses anteriores ao último día do prazo para a presentación de solicitudes en 2026, que acredite esas condicións e o cumprimento dos requisitos do artigo 3.1.e) e f), de conformidade co disposto no artigo 9.1.
- b) Un membro da unidade familiar dunha persoa solicitante desta axuda que reúna as condicións para ser beneficiaria e faleza despois do último día do prazo de presentación de solicitudes e antes do 30 de xuño de 2026, sempre e cando o solicite por escrito dentro dese período, teña 18 anos feitos e acredite esas condicións e o cumprimento dos requisitos do artigo 3.1.e) e f), de conformidade co disposto no artigo 9.1.
Os supostos de axudas:
- Situacións de precariedade socio-económica na unidade familiar do solicitante (artigo 4 da Resolución)
- Situacións de precariedade socio-sanitaria na unidade familiar do solicitante (artigo 5 da Resolución)
- Mulleres maiores de idade e menores emancipadas que acrediten sufrir violencia de xénero no 2025 (artigo 6 da Resolución)
Prazo de presentación das solicitudes:
Desde as 09:00 h do día 6 de febreiro ata as 20:00 h do día 6 abril do 2026.
Forma e lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, preferiblemente a través dalgunha das seguintes entidades:
- En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
- En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
- En Brasil:
- Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
- Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução en São Paulo
- Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos
- Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago en Salvador de Bahía
- En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
- En Venezuela:
- Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
- Hermandad Gallega de Valencia
- Centro Gallego de Maracaibo
- Centro Gallego de Puerto la Cruz
- Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara, en Maracay
- Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O lugar de contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Programas Sociais
Teléfonos: 981 547291 – 981 547289
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | Sede electrónica da Xunta de Galicia |
Documentación que se adxunta:
Finalización do prazo de presentación de solicitudes:
06.04.2026



