Axudas e subvencións destinadas aos grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1714 lecturas
Coincidindo coa celebración en Santiago de Compostela dos anos santos xubilares, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, convoca as comunidades galegas do exterior a participaren nunha manifestación en que se materialice a súa realidade e importancia.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior, que se celebrará en Santiago de Compostela no ano 2010.

Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade. Tamén poderán participar aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro, radicadas fóra de Galicia, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego, que conten con grupos de música, canto ou danza tradicional galega propios, que demostren actividade continuada nos últimos tres anos

Características: Esta resolución abrangue as bases reguladoras e a convocatoria para o exercicio 2010 das xudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos no festival que se celebrará dentro dos actos do V Día da Galicia Exterior. Tendo en conta que é preciso adoptar medidas que reforcen a participación da emigración en actividades sociais e culturais , o obxectivo desta convocatoria é implicar e facer partícipes os colectivos de galegos residentes no exterior en convocatorias que fomenten a súa integración coa Galicia territorial.

Prazo de presentación: Ata o 22 de Maio de 2010.

Lugar de presentación: As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente: Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España),

Resolución: Resolución do 14 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior, que se celebrará en Santiago de Compostela no ano 2010.

Convocatoria:  Diario Oficial de Galicia Nº 74, Mércores 21 de Abril de 2010.

Ano:  2010

Documentación:

Formulario de solicitude online  (*)

Formulario xustificación do gasto realizado (*)

Declaracións na fase de xustificación (*)

* Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación: 21 de Abril de 2010