Axudas correspondentes ao programa Reencontros na terra para residentes no exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
1396 lecturas
Resolución do 9 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na terra para residentes no exterior e se convocan as correspondentes ao ano 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

Así mesmo, convócanse as axudas correspondentes ao ano 2010.

Prazas convocadas: A asignación do número de prazas realizada en función das necesidades reais e das demandas constatadas nos diferentes países queda fixada para o ano 2010, do seguinte modo: Países Nº de prazas Arxentina: 113 Brasil: 10 Cuba: 10 Uruguai: 50 Venezuela: 5 Outros países: 2 Total: 190 As prazas que queden vacantes, ata un máximo dun 25% do total das 190 prazas, distribuiranse proporcionalmente entre aqueles países que teñan un maior número de solicitudes admitidas en relación ás prazas ofertadas.

Prazo de presentación das solicitudes: Hasta o 16 de xullo inclusive 

Datas de realización:Os/as beneficiarios/as deste programa viaxarán a Galicia en dúas quendas diferentes. Na primeira viaxarán a finais de outubro 131 participantes, e na segunda viaxarán 59 participantes a mediados do mes de novembro.

Prazo de presentación das solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes para estes programas será dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. .

Obxeto e finalidad das axudas: Este programa ten por obxecto promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Beneficiarios/as:

1. Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ser emigrante galego.

1.2. Ter a nacionalidade española.

1.3. Residir en América.

1.4. Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

1.5. Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes transatlánticos a Galicia desta secretaría xeral.

1.6. Valerse por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

1.7. Ter ingresos inferiores a 1,3 veces o importe das prestacións económicas por ancianidade do Estado español, fixado no ano da convocatoria para o país de residencia. Estes importes aparecen reflectidos na táboa desta resolución. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 por cento da dita cifra polo número de conviventes menos un.

2. Poderán ser beneficiarios/as as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5, e 1.6 e acheguen a documentación xustificativa.

Convocatoria: Diario Ofical de Galicia do 16 de Xuño 2010

Solicitudes, documentación y lugar de presentación:

1. A documentación que deberá achegar o solicitante é a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo II.

b) Para os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do documento nacional de identidade, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante ou certificación consular do solicitante, para acreditar a nacionalidade española e a inscrición no Rexistro de Matrícula como residente.

c) Documentación acreditativa da última veciñanza administrativa en Galicia.

d) Documentación acreditativa da residencia en América, do lugar e data de nacemento, no caso de que estes datos non estean especificados na documentación anterior.

e) Nos países en que exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, copia da última declaración presentada polo solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar. No caso de que o/a solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar non estivesen obrigados a realizala, xustificación oficial desta circunstancia e certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciba o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar.

f) Nos países en que non exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciba o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar.

g) Certificado médico, segundo o modelo normalizado que se publicará como anexo III á correspondente resolución anual de convocatoria no cal se faga constar que o solicitante é válido por si mesmo, non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

h) Fotografía actual tamaño carné.

i) Libro de familia, se procede. No seu defecto, achegarase documentación xustificativa do matrimonio, da unión de feito ou relación análoga e do nacemento do resto de membros da unidade económica familiar.

j) Documento en que conste se é beneficiario das prestacións económicas por ancianidade do Estado español. De non o presentar entenderase que desiste da aplicación do criterio preferente de selección, sinalado no punto 1 do artigo 5º das bases reguladoras.

k) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, ou de organismos privados para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que se publica no anexo II desta resolución.

l) Declaración responsable segundo o modelo do anexo II desta resolución, conforme o solicitante está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa comunidade autónoma.

2. O/a cónxuxe ou persoa unida ao solicitante por unión de feito ou relación análoga, de ser o caso, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia do pasaporte ou documento nacional de identidade en vigor.

b) Documentación acreditativa da residencia en América.

c) Certificado médico segundo o modelo do anexo III desta resolución, no cal se faga constar que é válido por si mesmo, non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

d) Fotografía actual tamaño carné.

e) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, ou de organismos privados para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que publica no anexo II desta resolución.

f) Declaración responsable, segundo o modelo do anexo II desta resolución, conforme o cónxuxe está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa comunidade autónoma.

3. As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderanse presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, consellerías de Traballo e Emigración, nas seccións de Trabajo y Emigración das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

2. Para a presentación destas solicitudes os/as interesados/as poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

Os/as interesados/as que non posúan certificado dixital e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a continuación, para a presentación telemática das súas solicitudes:

  • En Brasil:
    • Peña Gallega de la Casa de España de Río de Janeiro.
    • Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Baía.
    • Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucciones de São Paulo.
    • Sociedad de Socorros Mutuos y Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba:
    • Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
  • En Venezuela:
    • Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

A utilización desta vía requirirá unha autorización que o/a interesado/a lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía telemática. Esa autorización farase constar no modelo de solicitude. As entidades colaboradoras no exterior deberanlle remitir á Secretaría Xeral da Emigración as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de dous días contados a partir do fin do prazo de presentación. Este prazo soamente será ampliado logo de autorización da Secretaría Xeral da Emigración.

 Modelo de solicitud con todos los anexos (versión para cubrir online) [gl]

Permite cubrir los datos directamente sobre el formulario y a continuación imprimir el documento.

Data de Publicación: 16 de Xuño de 2010