Axudas a concellos, mancomunidades e consorcios locais para a realización de Programas e acollida e integración de retornados e inmigrantes extracomunitarios.

Listen to this page using ReadSpeaker
2385 lecturas
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas dirixidas ás entidades locais da Comunidade Autónoma Galega que desenvolvan programas que favorezan a integración e plena integración social de poboación retornada e inmigrantes extracomunitarios, así como o seu reforzo educativo.
Estado: 
Procedemento pechado

Beneficiarios:

  • Concellos
  • Mancomunidades de Concellos e
  • Consorcios Locais que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de Presentación: Ata o luns 23 de agosto de 2010

Presentación das solicitudes: As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse á Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Obxecto e finalidade das Axudas:
Concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma Galega para o desenvolvemento de actividades e accións que  favorezan a acollida e a plena integración social das persoas retornadas e inmigrantes extracomunitarias en Galicia, así como ao seu reforzo educativo.

  • No eixe de acollida os colectivos aos que vai dirixido atópanse en especial situación de vulnerabilidade, xa que se inclúen o aloxamento e a manutención (pisos de acollida).
  • No eixe de educación accións de reforzo e compensación educativa para o alumnado inmigrante extracomunitario e retornado en Galicia mediante axudas no ámbito escolar a través de bolsas de comedor, transporte e material escolar.
  • No eixe de emprego inclúense accións que permitan paliar as dificultades derivadas da incorporación ao mercado de traballo da poboación inmigrante extracomunitaria e retornada e mellorar a convivencia entre as responsabilidades laborais e o desenvolvemento da vida persoal e privada.
  • No eixe de vivenda, realizaranse accións co fin de facilitar o acceso a vivenda da poboación inmigrante e retornada e ademais apoiaranse programas de inserción de familias inmigrantes extracomunitarias en contornos con escasa poboación.
  • No eixe de infancia e xuventude fomentarase a participación social con programas de voluntariado e proxectos que faciliten a convivencia intercultural entre os nenos e os mozos.
  • No eixe de mullerem> desenvolveranse accións que faciliten a integración social das mulleres inmigrantes extracomunitarias e retornadas que se atopen en situacións de especial vulnerabilidade, especialmente aquelas que sexan vítimas de violencia de xénero, mulleres prostituídas e vítimas da trata de persoas con fins de explotación sexual.

Orzamento:
Setecentos mil euros (700.000 €) coa seguinte distribución por eixes:

  • Eixe de acollida: 250.000 euros
  • Eixe de educación: 150.000 euros
  • Eixe de emprego: 75.000 euros
  • Eixe de vivenda: 50.000 euros
  • Eixe de infancia e xuventude: 50.000 euros
  • Eixe de muller: 125.000 euros

Convocatoria no DOG: Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Documentación adxunta: Convocatoria e Anexos cos Modelos de Solicitude.

Documentación asociada
Documentación asociada
Convocatoria_DOG.pdf219.49 KB
Formularios_Solicitude.pdf362.1 KB