Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
2390 lecturas
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009. O obxecto regular, para o ano 2009, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2009.

Destinatarios: Asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia, inscritos como asociacións sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma. 

Características:

Tipo de axuda: Poderán subvencionarse con cargo a esta convocatoria os gastos correntes, (excluídos os gastos de persoal da propia asociación), e de equipamento, derivados do funcionamento das entidades, así como para a realización de actividades propias da asociación na Comunidade Autónoma galega correspondentes ao exercicio económico do ano 2009. 

Prazo de presentación: Ata o 4 de maio de 2009. 

Resolución: Resolución do 26 de marzo de 2009 (DOGA nº 63, do 1 de abril de 2009 ), da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009.  

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia nº 63, do 1 de abril de 2009 

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración. 

Ano: 2009 

Contacto:

  • Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547267, 981547274 e 981547272.
  • E no enderezo da mesma: rúa Basquiños, 2; 15704-Santiago de Compostela.  

Documentación:

  • Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) [gl]
    Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada

Data de publicación: 01 de Abril de 2009

Listados: Listado de beneficiarios