Apertura do prazo de solicitude de inscrición e de actualización da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia durante o ano 2026
De acordo coa resolución do 14 de decembro de 2023 as listaxes de persoas formadoras colaboradoras serán actualizadas unha vez ao ano, mediante a presentación de novos méritos das persoas inscritas e, de ser o caso, de novas solicitudes de inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración publicará anualmente na páxina web http://emigracion.xunta.es e no Diario Oficial de Galicia a correspondente convocatoria.
Infórmase de que ata o 29 de xullo (inclusive) deste ano, as persoas interesadas poderán presentar solicitudes de inscrición ou novos méritos, no caso de estaren xa inscritas. As listas definitivas teranse en conta para a programación dos obradoiros do ano 2026.
Formularios de solicitude:
O modelo de solicitude poderá obterse na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
Outra documentación para descargar:
- Texto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires (Arxentina) e en Montevideo (Uruguai).
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A presentación da solicitude de inscrición implicará a aceptación íntegra do establecido na Resolución do 14 de decembro de 2023.



