Ciclo Mestre Mateo de cine galego

O Ciclo Mestre Mateo xorde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración, a Academia Galega do Audiovisual e as entidades galegas do exterior que permitirá achegar o cine feito en Galicia e, en concreto, os mellores filmes nas categorías de Mellor Longametraxe, Mellor Longametraxe de Animación e Mellor Documental dos XXI Premios Mestre Mateo aos galegos e galegas residentes fóra de Galicia.

A Sociedade Galega 'Sementeira' de Basilea, a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, o Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de México, o Centro Español 'La Nacional' de Nova York, a Casa Galicia das Palmas, o Centro Gallego de Salamanca e o Centro Galego en Álava serán as entidades que organizarán as proxeccións da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, que se proxectarán de abril a novembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer na Galicia do exterior o labor do sector audiovisual galego.

Infórmate sobre as cidades e filmes do CICLO MESTRE MATEO