#ACulturaSegue

Anónimas camposinas. Entidade menor de Camposancos
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21

Vídeo resumo do proxecto homónimo, unha intervención artística consistente na creación de catro murais inspirados nos oficios tradicionais das mulleres rurais de Camposancos, A Guarda, que se presenta o 25 de novembro de 2020 con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.