Centros Galegos

  • O domingo 22 de febreiro a partir das 13,30 h., no Centro Gallego de Berna, organízase a Festa de despedida á familia Calvo. Amenización musical Dúo Nueva Época, Dúo Amistad e Trío H20 Menú (35 CHF): ensalada, carne asada de tenreira...
  • O sábado 14 de febreiro, na sede da entidade galega na capital lusa, a Xuventude de Galiza - Centro Galego de Lisboa organiza as seguintes actividades: Obradoiro infantil de carantas típicas galegas: Ás 16,30 h. na Biblioteca Manuel Boullosa...
  • O domingo 15 e o martes 17 de febreiro de 15,00 a 20,00 h., na sede da entidade galega, a Casa de Espanha de Río de Xaneiro organiza o seu Entroido Infantil.  Contarase coa actuación da Banda Batuque Imperial ao vivo, Dj tocando marchiñas, distribución...
  • O sábado 21 de febreiro a partir das 21,00 h., na súa sede social de "O Faiado" (Tetuán XIV), o Centro Galego de Castelló O Aturuxo organiza a Festa do Entroido 2015. Menú: sopa de cocido, lacón con grelos, cachucha, costela, chourizos e garavanzos e...
  • O domingo 15 de febreiro a partir das 15,00 h., na sede da entidade galega na cidade renana, o Club Galicia de Bonn celebra a Festa do Entroido, con entrada de balde.
  • O xoves 12 de febreiro ás 19,00 h., na sede da entidade galega na capital cántabra, o Centro Gallego de Santander organiza un obradoiro sobre o coidado da pel. Aprenderanse hábitos saudables e coñeceranse os produtos que se deben utilizar para conservar...
  • Do luns 9 ao domingo 15 de febreiro o Centro Galego de Lleida organiza a súa Semana Cultural 2015. Programa: Luns 9 de febreiro, 19,00 h. -Exposición no local social das manualidades feitas durante o curso polas compoñentes da Vogalía da...
  • O domingo 15 de febreiro de 14,00 a 19,00 h., na sede da entidade galega na Gran Mazá, a Casa Galicia de Nova York celebra a Festa do Entroido 2015. Menú: sopa de fideos, lacón con grelos, sobremesa de Entroido e café DJ e barra libre de 15,00 a 19,00 h...
  • O sábado 14 de febreiro a partir das 17,00 h., na sede da entidade galega na cidade hanseática, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V. celebra a Festa do Entroido 2015. Ás 17,00 h. Entroido para as/os máis cativos/as con música e xogos Ás 20,00 h...
  • O domingo 15 de marzo de 10,00 a 20,00 h., na súa sede do Parque Social e Polideportivo de Carrasco, o Centro Gallego de Montevideo organiza a Gran Romaría Galega, a xa clásica cita da institución decana da Galicia do exterior. Haberá música e danzas...

Páxinas