-
O sábado 16 de xuño a partir das 20:00 h, na Pista de baile da sede da entidade galega na capital do estado Zulia, o Centro Galego de Maracaibo celebra a Gala Anual da Cultura 2018.
Actuacións:
Pandereteiras e cantareiras Anduriñas
Grupo de Gaitas...
-
O sábado 23 de xuño a partir das 20:00 h, na sede da entidade galega na capital alacantina, o Centro Galego de Alacant organiza o concerto fin de curso 2017-2018 e mostra dos/as alumnos/as das súas escolas de música tradicional galega e corte e confección...
-
O sábado 23 de xuño a partir das 21:00 h, na sede da entidade galega na cidade berce da bandeira arxentina, o Centro Galego de Rosario celebra a Festa do San Xoán 2018.
Menú: tapa (entrada), lentellas con porco (prato principal), sobremesa xeada, viño,...
-
O domingo 24 de xuño a partir das 13:00 h, no Centro Cultural Casmpustellae da capital arxentina, o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires celebra o seu 75º Aniversario cun Xantar.
Haberá caldo galego, sardiñas asadas con cachelos ou polo, viños tinto...
-
O sábado 23 de xuño, a partir das 19:30 h, a Asociación 'Rosalía de Castro' de Berna celebra a Festa do San Xoán 2018.
Haberá churrasco (25 CHF) e sardiñas (de balde), foliada e queimada
Actuacións do grupo folclórico Rosalía de Castro e DJ Pais
A...
-
O domingo 24 de xuño a partir das 13:00 h, na sede da entidade galega na capital arxentina, a Asociación Tui-Salceda de Bos Aires celebra un Xantar en honor a San Xoán Bautista patrón de Galicia en Bos Aires.
Menú: empanadas, táboas de friames,...
-
A A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá convoca o XXXII Certame de poesía "Rosalía de Castro".
Recepción de traballos: antes do 15 de outubro de 2018
Poderanse presentar poemas escritos en lingua galega, cun mínimo de trinta e un máximo de cen versos,...
-
O sábado 9 de xuño a partir das 16:00 h, na sede da entidade galega na Gran Mazá, terá lugar o Concerto fin de curso da Escola de música e o Coro da Casa Galicia de Nova York.
Máis info: Facebook | www.casagaliciany.com | Twitter
-
O pasado 16 de maio de 2018 a Asociación Cultural Hispano Galega-Caballeros de Santiago, celebrou as Letras Galegas. A homenaxeada deste ano foi a escritora María Vitoria Moreno, quen se dedicou á literatura infantil e xuvenil galega. María Victoria...
-
Nº 3 (de maio de 2018) da revista A Nosa Eira, publicación do Centro Galego de Valencia. Neste terceiro número atopamos un especial sobre o Día das Letras Galegas 2018, dedicado na presente edición a María Victoria Moreno; a celebración do Día de Rosalía...