IX Encontro de Gaitas e Dulzainas da Vila de Madrid coa participación da Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro
A Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro de Madrid participa o domingo 8 de novembro na novena edición do Encontro de Gaitas e Dulzainas da Vila de Madrid.
O festival, organizado por Arrabel Folklore Castellano, terá lugar no Paseo do Padro de Madrid, comezando ás 11:30 horas. O público desfrutará dun pasacalles con once grupos, que tamén animarán aos presentes a bailar.
Ademais, o evento contará tamén cunha segunda sesión o luns 9, a partir das 17:00 horas, na Praza Maior, na que haberá unha exhibición de cancións, baile e indumentaria tradicional de Madrid.

Evento:
Concerto
Organiza:
Agrupación Artística Galega "Rosalía de Castro"
Data:
08.11.2026
Hora:
11:30
Lugar:
Paseo do Prado
Madrid, Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






