"Serán en Corcubión" da ABC do Partido de Corcubión, na Arxentina

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

53 lecturas

A Asociación Benéfica Cultural do Partido de Corcubión en Bos Aires, na Arxentina, celebra na súa sede o sábado 17 de outubro, a partir das 20:30 horas, o seu Serán en Corcubión.

Un encontro cultural con música en vivo, grupos convidados, comidas típicas, baile e tradición galega e bebidas e sabores de Galicia. Unha noite para cantar, bailar e compartir a tradición galega.

Entrada libre e gratuíta.

Máis info: Facebook | Instagram.

Serán en Corcubión da ABC do Partido de Corcubión, na Arxentina.
Evento: 
Festa
Organiza: 
A.B.C. Partido de Corcubión
Data: 
17.10.2026
Hora: 
20:30
Lugar:
ABC do Partido de Corcubión
Juan Carlos Cruz 1871
Vicente López - B1638BHQBuenos Aires
Arxentina
booked.net