Participación do Centro Galego de Alicante no 25º "Día do Alicantino de Adopción"

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

75 lecturas

O Centro Galego de Alicante participará un ano máis, e xa van vinte e cinco, no Día do Alicantino de Adopción 2026, na que será a 25ª edición do festival folclórico anual da Federación de Casas Rexionais en Alicante.

As rúas da cidade encheranse o domingo, 18 de outubro, de música e cor durante todo o día, nun evento que terá lugar nos xardíns da Deputación, e nos arredores, baixo o título Alicante, más que un destino, un compromiso.

A programación comezará ás 9:20 horas co acto de benvida. A continuación, entre outras actividades, entregaráselle o galardón de "Alicantino de Adopción 2026" ao presidente da Deputación, Antonio Pérez. Ás 11:45 dará inicio o desfile folclórico das casas rexionais e, a partir das 12:15 horas, arrincará o festival folclórico, no que o Centro Galego de Alicante, co seu grupo de gaitas Os Castros, será o primeiro en actuar.

Máis info: Facebook | Instagram.

Participación do Centro Galego de Alicante no 25º "Día do Alicantino de Adopción".
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Federación de Casas Rexionais de Alicante
Data: 
18.10.2026
Hora: 
9:00
Lugar:
Xardíns Deputación
Avinguda de l'Estació, 6
Alacant - 03005Alicante-Alacant
España
booked.net