XVII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla coa participación do Lar Galego de Sevilla

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

61 lecturas

O Lar Galego de Sevilla participará, do venres 9 ao luns 12 de outubro, no XVII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla, nun evento no que será homenaxeada a casa de Canarias.

A cita terá lugar nos Jardines de Murillo e a participación do Lar Galego será cun concerto, o domingo 11 ás 21:30 horas, do seu Grupo de Música Tradicional. 

Ademais, tamén actuarán as asociacións das demais casas rexionais da capital andaluza, e haberá tamén outro tipo de actividades culturais e gastronómicas. A inauguración correrá a cargo do alcalde de Sevilla, José Luis Sanz, o venres ás 18:30 horas, nunha primeira cita na que terá lugar tamén o pregón, do historiador Marcos Pacheco Morales-Padrón.

Descargar cartel.

Máis info: largallegosevilla.com | Facebook | Instagram.

XVII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla coa participación do Lar Galego de Sevilla.
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Lar Galego de Sevilla
Data: 
09.10.2026 a 12.10.2026
Hora: 
18:30
Lugar:
Jardines de Murillo
Av. de Menéndez Pelayo, Casco Antiguo
Sevilla - 41004Sevilla
España
booked.net