Festival Fai Un Sol 2026 organizado polo Lar Galego de Sevilla

Listen to this page using ReadSpeaker
272 lecturas

O Lar Galego de Sevilla celebra nos Xardíns do Conde de Tomares o sábado 26 de setembro unha nova edición do seu Festival Fai Un Sol.

Nesta ocasión, os artistas convidados son:

  • Stolen Notes (Andalucía).
  • The Craic Addicts (Irlanda).
  • Fillas de Cassandra (Galicia).

O festival arrincará o venres, ás 12:00 horas, co concerto escolar de The Craic Addicts, no Auditorio.

O sábado será o día grande, con actividades desde as 12:00 horas:

  • 12:00 - Pasacalles e apertura de portas.
  • 13:00 - Teatro infantil e familiar con Lunátika.
  • 14:00 - Danzas do mundo con Nuno Carpinteiro, Ana Lourenzo e Fátima Monteiro.
  • 18:00 - Músicas do mundo con DJ Pedro.
  • 19:30 - Concerto de Stolen Notes.
  • 21:00 - Concerto de The Craic Addicts.
  • 22:45 - Concerto de Fillas de Cassandra.

E o domingo 27, pecharase o festival con:

  • 13:00 - Circo de rúa con Manu & Melón.
  • 14:00 - Electro folk The Great Peach.

Ademais, no recinto haberá barra, grella galega e postos de polbo.

Entrada gratuíta.

Descargar cartel.

Máis info: largallegosevilla.com | Facebook | Instagram.

Festival Fai Un Sol 2026 organizado polo Lar Galego de Sevilla.
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Lar Galego de Sevilla
Data: 
25.09.2026 a 27.09.2026
Hora: 
12:00
Lugar:
Parque Xardíns do Conde
Rúa de la Fuente, 8
Tomares - 41940Sevilla
España
booked.net