Inauguración da mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago de Manuel Vicente en Avellaneda

Listen to this page using ReadSpeaker
260 lecturas

O Centro Municipal de Arte de Avellaneda inaugura o venres 14 de agosto, ás 18:00 horas, unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago, na que colaboran as entidades galegas da Arxentina:

  • Centro Galego de Avellaneda.
  • Residentes do Grove en Bos Aires.
  • Asociación Civil Galega Fillos de Porto do Son.
  • Asociación Finisterre en América.
  • Centro Galego de Xubilados e Pensionistas da República Arxentina.

A mostra fotográfica "Acogida y hospitalidad en el Camino de Santiago", de Manuel Vicente, fai un percorrido con imaxes que achegan as tradicións da Ruta Xacobea.

No acto inaugural actuarán o Grupo de Baile e Gaitas do Centro Galego de Avellaneda, o Grupo de Gaitas de Residentes do Grove e Matías González.

Entrada libre e gratuíta.

Máis info: Facebook | Instagram.

Inauguración da mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago, de Manuel Vicente, en Avellaneda.
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Centro Gallego de Avellaneda
Data: 
14.08.2026
Hora: 
18:00
Lugar:
Centro Municipal de Arte de Avellaneda
San Martín 797
Avellaneda - B1870Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Cine galego no Centro Galego de Lisboa.
09.09.2026, 23.09.2026, 30.09.2026
Olimpíadas Galegas 2026 na Irmandade Galega de Venezuela.
11.09.2026, 12.09.2026, 13.09.2026, 18.09.2026, 19.09.2026