Festas do Apóstolo 2026 no Centro Galego de Vitoria

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

39 lecturas

O Centro Galego de Vitoria celebra do venres 24 ao domingo 26 de xullo as Festas do Apóstolo 2026, celebración principal de Galicia.

Para esta ocasión, haberá moitas novidades, con pregón (venres ás 20:00 horas), txupinazo, cabezudos e cea de Irmandade (venres ás 21:30 horas). Ademais, non faltará a procesión e misa na honra do Apóstolo (sábado ás 12:00 horas), as actuacións e animación para todas as idades, verbena (venres e sábado a partir das 23:00 horas) e unha carpa de polbo (desde o venres ás 13:00 horas).

Ademais, cabe destacar tamén as actuacións da Banda de Trompeta e Tambores de "Nuestra Señora de la Virgen de los Dolores de Avilés" (sábado ás 19:00 horas) e do grupo celta "The Crass" de Pontevedra (domingo ás 13:00 horas).

Máis info: Facebook | Instagram.

Festas do Apóstolo 2026 no Centro Galego de Vitoria.
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Centro Galego de Vitoria
Data: 
24.07.2026 a 26.07.2026
Hora: 
20:00
Lugar:
Centro Galego Vitoria
Rúa Gernikako Arbola, 11
Vitoria-Gasteiz - 01010Araba/Álava
España
booked.net