Primeiro Festival Latinoamericano "Hecho con el Alma" en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
163 lecturas

A Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (Avesanti) organiza o venres 19 e o sábado 20 de xuño, no Centro Comercial Área Central, a primeira edición do Festival Latinoamericano "Hecho con el Alma".

Este encontro servirá para mostrar o talento, a creatividade e a riqueza cultural de Venezuela a través de pezas artesanais. Todas as persoas creadoras que estean interesadas, poden participar neste festival. Ademais, haberá tamén unha clase mestra de baile latino.

Para participar: 604885190.

Horarios:

  • Venres 19: Das 13:00 ás 22:00 horas.
  • Sábado 20: Das 11:00 ás 22:00 horas.

Máis info: Facebook | Instagram.

 

Primeiro Festival Latinoamericano "Hecho con el Alma" en Santiago de Compostela.
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela
Data: 
19.06.2026 a 20.06.2026
Hora: 
13:00
Lugar:
Outlet Área Central
Edificio Área Central
Santiago de Compostela - 15707A Coruña
España
booked.net