Xornadas culturais polas Letras Galegas 2026 no Centro Galego de Salamanca
O Centro Galego de Salamanca pecharán as súas Xornadas Culturais da Primavera, arredor do Día das Letras Galegas, con tres actividades.
O mércores 20 de maio, ás 19:30 horas, presentarase o libro Balneario, no que estará Mateo Diego Prada, coautor do libro; e Carmen Prada, poeta e escritora zamorana.
O xoves 21, ás 19:30 horas, conferencia Herramientas para llevar una vida saludable, a cargo de María del Carmen García Pérez, doutora en Psicoloxía, traballadora social e profesora de Psicoloxía Positiva na Universidade Pontificia de Salamanca.
E o venres 22, ás 19:30 horas, haberá tamén unha cata de viños, coa Bodega Viña Ver, a cargo de Ramiro Moran e Cristina Cacho. Os que non sexan socios da entidade deberán solicitar invitación a través dun socio.







