III Xornadas Peregrinas organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sevilla

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

31 lecturas

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sevilla, en colaboración co Lar Galego de Sevilla, organiza o venres 17 e o sábado 18 de abril as terceiras Xornadas Peregrinas. Serán dúas xornadas de convivencia que terán lugar en Castilblanco de los Arroyos, no concello andaluz de Castilblanco.

O venres 17 ás 18:00 horas, na sala de exposicións Diego Neyra, proxectaranse os documentais Destino Andalucía "El Camino de Santiago Vía de la Plata" e Si las Piedras hablaran.

Pola súa banda, o sábado 18 comezará ás 9:30 horas coa conferencia Proyectos de Cooperación El Camino de Santiago en el Corredor de la Plata, a cargo de Pedro Olivares, xerente de Corredor de la Plata. A seguir, os participantes farán unha andaina cara a Ermida de San Benito.

Para rematar este encontro, no albergue de peregrinos Casa de la Sierra actuarán os gaiteiros do Lar Galego. E como non, haberá tamén queimada.

Reservas: 646 260 481.

Máis info: Facebook | Instagram.

III Xornadas Peregrinas organizadas pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sevilla e o Lar Galego de Sevilla.
Evento: 
Andaina
Organiza: 
Asociación Amigos del Camino de Santiago
Lar Galego de Sevilla
Data: 
17.04.2026 a 18.04.2026
Hora: 
18:00
Lugar:
Casa de la Sierra
Rúa A Tenada, 10
Castilblanco de los Arroyos - 41230Sevilla
España
booked.net