Oficina itinerante en Lalín da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG-

Listen to this page using ReadSpeaker
206 lecturas

O sábado 11 de abril, entre as 10:30 e as 13:30 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá unha oficina itinerante de información na comarca do Deza, en Lalín.

O encontro, que terá lugar na sede da Asociación dos Venezolanos do Deza, servirá para aportar información sobre:

  • Reactivación do pago de pensións ao exterior.
  • Posible envío da pensión que se cobra en España.
  • Convenio hispano-venezolano.
  • Posibilidades de xubilación en España.
  • Tipos de pensións en España.
  • Temas de estranxeiría como os tipos de residencias ou a protección internacional.
  • Elaboración de currículo e buscadores de emprego.

Para informar persoalmente aos asistentes estarán:

  • Nanda Ruiz, presidenta de Apejuveg.
  • Mónica Janeiro, colaboradora de Apejuveg.
  • Militza Prieto, avogada colaboradora Apejuveg.
  • Regina Balebona, colaboradora Apejuveg.
  • Virginia Pareja, relacionista institucional Apejuveg.

O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.

Máis info: Facebook.

Oficina itinerante en Lalín da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG-.
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data: 
11.04.2026
Hora: 
10:30
Lugar:
Asociación Venezolanos do Deza
Rúa Memorias dun Neno Labrego, 14, Primeiro
Lalín - 36500Pontevedra
España
booked.net