Ruta de sendeirismo polo Canón de Forcadura e a Praia dos Ananos, organizada pola Casa de Galicia en León
A Casa de Galicia en León organiza o sábado 11 de abril unha nova ruta de sendeirismo, nesta ocasión polo Canón de Forcadura e a Praia dos Ananos, na zona de Sanabria.
Esta ruta ten unha distancia de 14 quilómetros, cunha dificultade media. Ademais, inclúese a comida.
Para esta ocasión, tamén propoñen unha opción alternativa para aqueles que non desexen facer a andaina. Neste sentido, viaxan co grupo e poden desfrutar da mañá paseando polo pobo de Puebla de Sanabria, visitando o seu castelo e camiñando polas súas rúas medievais.
A saída terá lugar ás 7:30 horas dende as instalacións da Casa de Galicia.
Prezo: 47€ socios/as | 50€ non socios/as | Ruta alternativa: 40€.

Evento:
Andaina
Organiza:
Casa de Galicia en León
Data:
11.04.2026
Hora:
7:30
Lugar:
Casa de Galicia en León (punto de saída)
Estrada de Vilecha, s/n
Trobajo del Cerecedo - 24192León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






