62 aniversario do Club Español de Niterói en Brasil
O Club Español de Nitéroi (CEN), en Brasil, celebra o seu 62 aniversario o domingo 29 de marzo, a partir das 13:00 horas.
Unha xornada especial, que terá lugar na súa sede, na que haberá música, gastronomía e moita festa.
A apertura do evento correrá a cargo do grupo de gaitas galegas Folcarioca. Haberá entrantes variados como cóctel e, para o xantar, a paella será o prato principal.
Ademais, haberá unha actuación de danza coa compañía Jackie Chermont e a Banda Nit Rock.
Confirmacións: (21) 98123-1168 - (21) 99993-1109.
Prezo: R$170.
Máis info: Facebook.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Club Español de Niteroi
Data:
29.03.2026
Hora:
13:00
Lugar:
Club Español de Niterói
Praça Espanha, 13
Itaipu, Niterói - 24320-330Rio de Janeiro Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






