Festa das Colectividades 2026 en Chile coa participación da Corporación Lar Galego de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
162 lecturas

A Corporación Lar Galego de Chile participa o sábado 21 de marzo na Festa das Colectividades 2026. Un evento cultural, organizado polas colectividades españolas do país e o Estadio Español de Las Condes, que terá lugar no Parque das Colectividades, das 12:00 ás 21:30 horas.

Este evento festivo servirá para celebrar as raíces, compartir en comunidade e desfrutar da cultura hispana. Para iso, haberá:

  • Postos de comida española.
  • Bailes típicos e presentacións culturais.
  • Espectáculo cos Castellers de lo Padro.
  • Actuación musical da tuna da Universidade de Alcalá de Henares e a Curantena de Santiago.
  • Pechará o evento a Banda Hispanoparlante.

A entidade participará no evento cun posto propio no que compartirán as tradicións galegas e a gastronomía galega, cunha rica empanada.

Máis info: Facebook Instagram.

Festa das Colectividades 2026 en Chile coa participación da Corporación Lar Galego de Chile.
Evento: 
Xuntanza
Organiza: 
Estadio Español de Las Condes
Data: 
21.03.2026
Hora: 
12:00
Lugar:
Estadio Español Las Condes
Nevería 4855 Parque das Colectividades
Las Condes - 7580103Region Metropolitana (RM)
Chile
booked.net