Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Melide
O sábado 21 de marzo, entre as 16:00 e as 18:00 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá unha oficina itinerante de información en Melide.
Será a súa segunda sesión do día, trala matinal en Santiago. Neste caso, terá lugar no establecemento Bocados 24 horas e aportarase información sobre:
- Reactivación do pago de pensións ao exterior.
- Pensión que se axusta ás circunstancias persoais de cada persoa.
- Recomendacións de emprego e revisión de currículo.
- Temas de estranxeiría como os tipos de residencias ou a protección internacional.
Para informar persoalmente estarán:
- Nanda Ruiz, presidenta de Apejuveg.
- Mónica Janeiro, colaboradora de Apejuveg.
- Militza Prieta, avogada colaboradora Apejuveg.
- Regina Balebona, colaboradora Apejuveg.
- Virginia Pareja, relacionista institucional Apejuveg.
O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.
Máis info: Facebook.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data:
21.03.2026
Hora:
16:00
Lugar:
Bocados 24 horas
Rúa Cantón San Roque, 10, 15800 Melide, A Coruña
Melide - 15800A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






