Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
214 lecturas

O sábado 14 de marzo, entre as 10:00 e as 16:00 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG), en colaboración co Centro Hispano Venezolano de Madrid, terá unha oficina itinerante de información no Centro Sociocultural José de Espronceda, en Tetúan (Madrid).

Será unha xornada para compartir información, fortalecer lazos e celebrar coa comunidade venezolana de Madrid. Un evento único de unión e fraternidade, no que se informará persoalmente sobre:

  • Reactivación do pago de pensións ao exterior.
  • Convenio Hispano-Venezolano.
  • Posibilidades de xubilación en España.
  • Tipos de pensións en España.
  • Temas de estranxeiría como o asilo ou os tipos de residencias.
  • Así como elaboración de currículo e buscadores de emprego.

O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.

Máis info: Facebook.

Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Madrid.
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data: 
14.03.2026
Hora: 
10:00
Lugar:
Centro Cultural José de Espronceda
Rúa de Almansa, 9 Tetuán
Madrid - 28039Madrid
España
booked.net