"Té Galés", polo Día da Muller, na Casa de Galicia de Puerto Madryn

Listen to this page using ReadSpeaker
154 lecturas

A Asociación Madrynense Casa de Galicia "Voces da nosa Terra", en Puerto Madryn (Arxentina), celebra o Día da Muller este domingo 8 de marzo cunha sesión de "Té Galés".

Será un acto de tradición e sabor da Patagonia que contará con xogos, sorteos, música e, como non, un rico té.

O evento comezará ás 16:00 horas e contará co servizo de Marcia Lloyd James e o seu equipo de Mona Lowisa - Casa de Té y Repostería Galesa.

Prezo das entradas: $30.000.

Reservas: 2804691974.

Máis info: Facebook.

"Te Galés", polo Día da Muller, na Casa de Galicia de Puerto Madryn.
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Casa de Galicia de Puerto Madryn
Data: 
08.03.2026
Hora: 
16:00
Lugar:
Casa de Galicia de Puerto Madryn
Villarino 1578
Puerto Madryn - U9120Chubut
Arxentina
booked.net