III Encontro do día Internacional da Gaita organizado pola Asociación Toxos e Xestas de Barcelona
A asociación cultural Toxos e Xestas de Barcelona, escola de gaitas e danzas galegas desde 1977, organiza o sábado 14 de marzo, a partir das 17:00 horas, a terceira edición do seu Encontro do día Internacional da Gaita.
O evento deste ano terá lugar no Auditori da Once, na Gran Via de les Corts Catalanes, e contará coa participación de catro grandes grupos:
- Danzbar, de Alemaña.
- Els Berros de la Cort, de Girona.
- Toxos-Folk, de Barcelona.
- A Roda, de Galicia.
Ademais, tamén terá a colaboración de Alberte Montes, que presentará o evento.
Entrada gratuíta.
Reservas: 690332938 | escol@toxosexestas.com.

Evento:
Concerto
Organiza:
A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas
Data:
14.03.2026
Hora:
17:00
Lugar:
Auditori de L'Once
Gran Via de les Corts Catalanes, 400
Eixample - 08015Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






