Festa de Entroido 2026 da Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich

Listen to this page using ReadSpeaker
187 lecturas

A Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich, en Suíza, organiza un ano máis a súa gran festa de Entroido. Nesta ocasión, a celebración terá lugar o sábado 7 de febreiro, entre as 18:00 e as 2:00 horas, na igrexa ortodoxa grega Gemeinde de Zürich.

  • A partir das 20:00 horas terá lugar o concurso de disfraces.
  • Haberá premios por categorías: de 0 a 10 anos, de 11 a 19 anos e de 19 en adiante.
  • Animarán a festa Antonio Barros e iAlma, así como a Banda de Gaitas e Grupo de Danzas As Xeitosiñas.

Ademais dos disfraces, haberá tamén unha gran pulpada para os asistentes, así como cea dispoñible para quen o desexe.

Entrada de balde.

Máis info: Facebook

Festa de Entroido 2026 da Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich.
Evento: 
Entroido
Organiza: 
Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich
Data: 
07.02.2026
Hora: 
18:00
Lugar:
Igrexa ortodoxa grega Gemeinde
Wasserwerkstrasse 92
Zürich - 8037Zurich
Suíza
booked.net