A Xunta reclama en Madrid máis coordinación e recursos do Estado para mellorar a atención á cidadanía española no exterior

O delegado da Xunta destacou que Galicia é hoxe referente en políticas de retorno e pediu unha política de Estado estable para a diáspora.

Sinalou que a colaboración entre administracións é clave en ámbitos como nacionalidade, saúde, emerxencias e preservación do patrimonio da emigración.

  • A Xunta reclama en Madrid máis coordinación e recursos do Estado para mellorar a atención á cidadanía española no exterior.
    A Xunta reclama en Madrid máis coordinación e recursos do Estado para mellorar a atención á cidadanía española no exterior.

Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 1 de decembro de 2025.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou hoxe na xornada “A Administración Pública no Exterior: medidas para servir mellor aos españois”, celebrada no Consello Económico e Social, onde reclamou unha maior implicación do Goberno central para garantir unha atención digna, moderna e eficaz á cidadanía española no exterior.

Durante a súa intervención, López Dobarro salientou que Galicia é “referente en España e Europa” en materia de políticas de retorno, grazas á Estratexia Galicia Retorna, que permitiu que máis de 30.000 galegos e galegas regresasen desde 2018; e á coordinación transversal entre emprego, educación, sanidade, vivenda e servizos sociais. Con todo, lembrou que “as comunidades autónomas non poden continuar soas ante un reto que é de Estado”.

O delegado advertiu do “colapso sen precedentes” que viven moitos consulados desde a entrada en vigor da Lei de Memoria Democrática, coa acumulación de máis dun millón de expedientes de nacionalidade e esperas de ata cinco anos. Neste sentido, defendeu unha lei específica e permanente de nacionalidade, desvinculada de normas conxunturais, que achegue seguridade xurídica e evite o uso político deste dereito.

O representante da Xunta insistiu en que Galicia demostra cada ano que o retorno funciona: en 2023 regresaron 8.500 galegos e galegas, maioritariamente menores de 45 anos, grazas a programas pioneiros como as Oficinas de Asesoramento ao Retorno, as axudas ao emprendemento, as bolsas BEME ou o programa Retorna Cualifica Emprego.

Finalmente, López Dobarro chamou a un “compromiso real e sostido” do Estado coa diáspora: “Os galegos do exterior non piden privilexios, piden respecto. E ese respecto pasa por ofrecerlles unha administración do século XXI, coordinada, áxil e preparada. Galicia seguirá cumprindo, pero o Estado debe facer tamén a súa parte”.

Por último, destacou o rol dos CREs e a rede de Centros Galegos.
 
318 lecturas