11ª Festa Cultural do Polbo e Marisco organizada por Airiños da Nosa Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
219 lecturas

O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia, de Santa Coloma de Gramanet (Barcelona), organiza do 23 ao 26 de outubro a 11ª edición da Festa Cultural do Polbo e do Marisco.

Será no Parc d'Europa e contará cun intenso programa con:

  • Degustacións.
  • Mostras culturais.
  • Concurso fotográfico.
  • Foliada.
  • Actuacións musicais.

Entre os actos destacados: a Foliada Popular de Outono (venres 24 ás 20:00 horas), o Xantar da Irmandade (sábado 25 ás 14:30 horas), a noite dos DJ (sábado 25 a partir das 19:30 horas), o Xantar das Familias e Amigos (domingo 26 ás 14:30 horas) ou a Queimada Popular (domingo 26 ás 21:30 horas).

Descargar programa.

Máis info: Facebook | Instagram.

11ª Festa Cultural do Polbo e Marisco organizada pola Airiños da Nosa Galicia.
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Cultural Galego Airiños da nosa Galicia
Data: 
23.10.2025 a 26.10.2025
Hora: 
20:30
Lugar:
Parc d'Europa
Av. de Francesc Macià
Santa Coloma de Gramenet - 08924Barcelona
España
booked.net