I Encontro iberoamericano de gaitas, zanfonas e percusións asturgalegas en Rosario

Listen to this page using ReadSpeaker
377 lecturas

O Club Español de Rosario, o Centro Galego de Rosario e o Centro Asturiano de Rosario celebran, do 19 ao 21 de setembro, o I Encontro iberoamericano de gaitas, zanfonas e percusións asturgalegas.

O evento, que terá lugar na cidade arxentina, permitirá unir comunidades, tradicións e creación musical colectiva. Un evento especial que invita a celebrar e conectar coas súas terras de orixe.

Durante as tres xornadas farase un percorrido polos lugares emblemáticos de Rosario. Ademais, haberá 3 sede para o evento:

  • O Centro Asturiano (San Luis 644).
  • O Centro Galego (Buenos Aires 1137). 
  • O Club Español (Rioja 1052).

Dentro das actividades programadas haberá:

  • Obradoiros.
  • Ensambles.
  • Concertos.

Máis info: Facebook | Instagram.

I Encontro iberoamericano de gaitas, zanfonas e percusións asturgalegas en Rosario
Evento: 
Xuntanza
Organiza: 
Centro Galego de Rosario
Data: 
19.09.2025 a 21.09.2025
Hora: 
20:00
Lugar:
Centro Galego de Rosario
Buenos Aires 1137
Rosario - S2000Santa Fe
Arxentina
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Semana Galega 2026 no Lar Galego de Chile.
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026