Festa aniversario polo Día de Galicia no Centro Galego de Xubilados e Pensionistas da República Arxentina
O Centro Galego de Xubilados e Pensionistas da República Arxentina, en Avellaneda, celebra a súa particular festa aniversario polo Día de Galicia e Santiago Apóstolo, cunha xornada festiva o domingo 27 de xullo a partir das 13:00 horas.
- O menú inclúe entrante, prato principal, bebidas e sobremesa (con torta de aniversario).
O evento contará tamén con actuacións musicais:
- Orquestra "Los Gavilanes de España", coa voz de Marita Tuero.
- Conxunto de gaitas e percusión "Os Barulleiros".
Prezo: $35.000.
Reservas: 11 3652 3280 (Óscar) | 11 2334 4410 (Martín) | 11 3635 2022 (Graciela).
Máis info: Facebook.

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina
Data:
27.07.2025
Hora:
13:00
Lugar:
Centro Galego de Xubilados e Pensionistas da Republica Arxentina
25 de Mayo 462
Avellaneda - B1870Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






