Festa de Galicia organizada pola Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo

Listen to this page using ReadSpeaker
307 lecturas

A Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo, en Brasil, convida aos seus socios a celebrar, o domingo 27 de xullo a partir das 13:00 horas, a Festa de Galicia.

O evento, que terá lugar na súa sede, servirá para celebrar os 70 anos do Grupo Folclórico Lembranza e Agarimo. Ademais, participará a coral da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo.

Ademais das actuacións musicais, os asistentes tamén poderán desfrutar dun xantar con cocido galego e sobremesa.

  • Prezos socios: Adultos - R$100 | Nenos de 6 a 9 anos - R$50 | Ata 5 anos - Gratis.
  • Prezos non socios: Adultos - R$130 | Nenos de 6 a 9 anos - R$65 | Ata 5 anos - Gratis.

Contactos: (11) 2274-2014 | sociedadehispano@sociedadehispano.com.br.

Máis info: Facebook | Instagram

Festa de Galicia organizada pola Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo
Data: 
27.07.2025
Hora: 
13:00
Lugar:
Casa de España
Rúa Ouvidor Portugal, 541 Vila Monumento
São Paulo - 01551-000São Paulo
Brasil
booked.net