Festa de Galicia organizada pola Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo
A Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo, en Brasil, convida aos seus socios a celebrar, o domingo 27 de xullo a partir das 13:00 horas, a Festa de Galicia.
O evento, que terá lugar na súa sede, servirá para celebrar os 70 anos do Grupo Folclórico Lembranza e Agarimo. Ademais, participará a coral da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo.
Ademais das actuacións musicais, os asistentes tamén poderán desfrutar dun xantar con cocido galego e sobremesa.
- Prezos socios: Adultos - R$100 | Nenos de 6 a 9 anos - R$50 | Ata 5 anos - Gratis.
- Prezos non socios: Adultos - R$130 | Nenos de 6 a 9 anos - R$65 | Ata 5 anos - Gratis.
Contactos: (11) 2274-2014 | sociedadehispano@sociedadehispano.com.br.

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Sociedade Hispano - Casa de España en São Paulo
Data:
27.07.2025
Hora:
13:00
Lugar:
Casa de España
Rúa Ouvidor Portugal, 541 Vila Monumento
São Paulo - 01551-000São Paulo Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






