XXVI Xuntanza de Cantareiras da Asociación Galega Residentes de Mos

Listen to this page using ReadSpeaker
224 lecturas

O sábado 10 de maio, a partir das 20:30 horas, a Asociación Galega Residentes de Mos, en Bos Aires, celebra a súa XXVI Xuntanza de Cantareiras.

Este encontro, realizado desde fai 26 anos polo Ente, contará cun buffet de comidas típicas e actuacións musicais con grupos galegos invitados. Estarán:

  • A Sociedade Parroquial de Vedra.
  • A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa.
  • Residentes de Outes en Bos Aires.
  • O Círculo Social Val Miñor de Galicia en Bos Aires.
  • O Centro Galicia de Bos Aires.
  • E a asociación A.B.C. do Partido de Corcubión.

Entrada libre e gratuíta.

Máis info: Facebook.

XXVI Xuntanza de Cantareiras da Asociación Galega Residentes de Mos
Evento: 
Xuntanza
Organiza: 
Asociación Galega Residentes de Mos en Buenos Aires
Data: 
10.05.2025
Hora: 
20:30
Lugar:
Asociación Galega Residentes de Mos
Humberto 1º 3051
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1231ACIBuenos Aires
Arxentina
booked.net