Homenaxe do 80 aniversario da constitución do Consello de Galicia en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
404 lecturas

O venres 6 de decembro celébranse en Bos Aires actos de homenaxe ao 80 aniversario da constitución do Consello de Galicia, primeiro Goberno Galego no exilio. Os actos constarán de:

  • Ofrenda floral en lembranza dos emigrantes galegos falecidos na emigración, ás 13:00 horas, no Camposanto da Chacarita.
  • Acto homenaxe no Centro Galego de Bos Aires ás 18:00 horas.

As entidades convocadoras son: Centro Galego de Bos Aires, Centro Galicia de Bos Aires, Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, Padroado da Cultura Galega de Montevideo, Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo, Fundación Xeito Novo da Cultura Galega, A.B.C. de Corcubión, Centro Betanzos de Bos Aires, Centro Cultural da Estrada, Fogar Galego para Anciáns de Bos Aires, Fundación Castelao, Fundación Alexandre Bóveda e Fundación Galicia-América.

Máis info: Facebook.

 

 

Homenaxe do 80 aniversario da constitución do Consello de Galicia en Bos Aires
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Centro Galego de Bos Aires
Data: 
06.12.2024
Hora: 
13:00
Lugar:
Centro Galego de Bos Aires
Avenida Belgrano 2199
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1094Buenos Aires
Arxentina
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: